A soidade de Hopper

Carlos H Fernández Coto

BARBANZA

Un montón de pinceles y botes de pintura
Un montón de pinceles y botes de pintura TOMÁS MUGUETA

26 mar 2024 . Actualizado a las 01:21 h.

un artista estadounidense pouco coñecido polo noso pobo, con gran diferenza doutros autores europeos. Eduardo faise famoso polos retratos da soidade na vida norteamericana da súa época, uns lenzos organizados e cunha composición espacial ordenada, cun forte realismo, que resulta ser a síntese da visión figurativa unida ó sentimento poético que percibe nos seus obxectos, utilizando un sofisticado xogo de luces frías, cortantes e intencionadamente artificiais, cunha extraordinaria síntese nos pormenores.

A sociedade norteamericana da época tiña como piar fundamental o éxito persoal e a fortuna económica. É un momento histórico no que emigrantes de todo o mundo chegan a América para gañar cartos, poñendo este fin por riba de calquera outra premisa. Un mundo gris, cheo de fracasos e de soidade pola monolítica idea da escalada ao ceo.

Hoxe, a sociedade americana cambiou radicalmente e a familia está sendo a proposta escollida pola mocidade, a partir dos vinte anos. Aquela sociedade ten, precisamente, os valores das nosas persoas na actualidade en España, onde a familia e a procreación non están dentro dos parámetros escollidos pola xente, con argumentos varios como as dificultades económicas ou a prioridade do lecer, da diversión, de viaxar e coñecer o mundo. Preferimos ter mascotas no canto de fillos. A soidade chegará, máis tarde ou máis cedo, e a sociedade será moi parecida á que relata Hopper, egoísta e solitaria, gris, desesperada. Moi de bruscas transformacións que deixen atrás a parte da sociedade, non necesariamente por motivos económicos.