Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A obra gañadora da sexta edición do Premio Carlos Mosteiro xa está na rúa

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

O autor, José Luis Baños, recolleu o premio na Pobra

30 may 2024 . Actualizado a las 20:44 h.

O Maio das Letras finalizou no municipio pobrense coa presentación do libro Fóra de xogo, gañador da sexta edición do Premio Carlos Mosteiro, un certame convocado polo Concello da Pobra, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia.

O libro, titulado Fóra de xogo, foi escrito por José Luis Baños e relata unha relación de amizade entre dúas nenas de Afganistán.

No acto estiveron alumnos de sexto curso do Salustiano Rey Eiras, que recibiron cadanseu exemplar con dedicatoria do autor. O galardón supón unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación da obra na colección Árbore da Editorial Galaxia e o reparto de exemplares entre a rapazada pobrense.

O momento

Na súa intervención, o autor, José Luis Bolaños, indicou que igual que o premio lembra a Carlos Mosteiro, o seu relato fai referencia á situación en Afganistán, nun momento no que os sucesos bórranse rapidamente da memoria.

Bolaños estivo acompañado polo alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; o director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro, e a vicepresidenta de Barbantia, Encarna Pego. Tampouco faltou a viúva do escritor homenaxeado, Lourdes Briones.

Nas intervencións que se levaron a cabo destacouse o transfondo do relato, que reflexiona sobre a situación no mundo».