Un PSOE con las manos libres avanza en los proyectos que tenía pendientes en Carnota

BARBANZA

El ejecutivo tiene en la recogida de basura una patata caliente para los próximos años
07 jun 2024 . Actualizado a las 16:56 h.Bien sea como un premio por su gestión en los cuatro años anteriores, o bien para darles la oportunidad de demostrar si son capaces de articular soluciones a los problemas del municipio, en mayo del año pasado los vecinos de Carnota otorgaron a los socialistas la mayoría absoluta, liberando así al ejecutivo de la atadura de tener que negociar cualquier iniciativa que quisiera sacar adelante, exponiéndose a no lograrlo. En este año, el PSOE ha empezando a aprovechar la oportunidad que le brindaron los electores para avanzar en los proyectos pendientes.
El más evidente tiene que ver con la gestión económica del Concello con la aprobación de los presupuestos para este ejercicio, pero no es el único. La licitación del área de autocaravanas de Lariño para que la gestione una empresa especializada, uno de los objetivos que se fijaba el ejecutivo en las primeras semanas de mandato, es también una realidad, así como la financiación para finalizar el auditorio en el centro cultural de O Viso.
Desde el gobierno local se citan además otras obras que han salido adelante en los últimos meses que dan continuidad al trabajo iniciado en el anterior mandato, y se están planificando ya actuaciones de cara al próximo año.
En el horizonte
Visto así, parece que estos doce primeros meses de mandato han resultado de lo más productivos, pero desde luego el ejecutivo carnotano no puede relajarse porque hay cuestiones importantes y complejas que tendrán que afrontar.
Una de las patatas calientes que tiene entre manos, al igual que los demás Concellos que están integrados en la mancomunidad Serra do Barbanza, es el servicio de recogida de residuos. La revisión de las cuotas que pagan los ayuntamientos tras vencer el contrato con la concesionaria ha deparado una desagradable sorpresa al duplicarse el coste para las arcas públicas. Esto se traducirá en el caso de Carnota en una revisión de las tasas que pagan los vecinos que está por ver si pasa factura política al gobierno.
Otra cuestión a la que no pueden dar la espalda los responsables municipales es la situación socioeconómica de un municipio cada vez más envejecido. Y un tercer reto es gestionar el turismo para no morir de éxito.
Los primeros presupuestos aprobados en cinco años ascienden a 4,9 millones
Aunque es una herramienta perfectamente legal, la prórroga de los presupuestos ejercicio tras ejercicio es un hándicap que condiciona la actividad municipal y obliga a recurrir a operaciones de crédito o reconocimientos extrajudiciales para poder hacer frente a unas obligaciones que no recogen las cuentas por estar desfasadas. El Concello de Carnota llevaba cinco años en esta situación, con un documento económico, además, heredado del gobierno anterior, pero al fin cuenta con un proyecto actualizado.
El abril se aprobó un nuevo presupuesto, el primero del PSOE, por un importe total de 4,9 millones de euros.

Juan Manuel Saborido: «Hai que tomar decisións que non gustan»
A Juan Manuel Saborido, que sabe o que é gobernar en minoría, non lle custa admitir que a maioría absoluta acadada en maio do ano pasado foi unha especie de bálsamo que deixou ao grupo coas mans liberadas para avanzar nos proxectos que teñen para Carnota. O primeiro paso foi sacar adiante uns orzamentos, os primeiros dende que chegou á alcaldía, e a partir de aí toca dar impulso á acción de goberno: «Levabamos cos presupostos prorrogados dende o 2019 e agora estamos traballando e tratando de organizarnos».
Explica que gobernar sen depender do apoio dos demais grupos supón unha gran diferenza: «Camiñas sen depender dos demais. Nun ano fixéronse bastantes cousiñas». Cita como exemplos do traballo realizado a posta en marcha do ximnasio municipal, as obras de eficiencia enerxética e dos vestiarios do campo de fútbol de Lombáns, da mellora de camiños ou de actuacións de saneamento en distintos puntos do municipio.
Outro aspecto importante no que está comezando a haber avances é na xestión do abastecemento de auga, co inicio de contactos co Concello de Muros para reactivar a mancomunidade da que ámbalas dúas entidades forman parte, e apunta tamén como obxectivos a cumprir a dotación de aparcamentos no Pindo ou a renovación do céspede do campo de fútbol con unha axuda da Deputación. A pesar de todas estas actuacións destacadas polo rexedor, é coñecedor do discurso crítico da oposición: «Hai rivais políticos, que tampouco considero rivais, senón que somos veciños, pero que buscan poñer a un en mal lugar. Como di o meu xefe, a política está moi enfangada, e a min non me gusta moito o fango».
No que respecta aos retos de futuro sinala que un dos máis importantes é facer fronte ao incremento da factura pola recollida do lixo, que se duplicou. Neste sentido, explica que xa se está traballando na revisión da taxa que pagan os veciños: «Ata agora fomos cadrando números para asumir con recursos do Concello o déficit da recadación, pero agora xa é imposible, é insostible se non actualizados o prezo. En política ás veces hai que tomar decisións que non gustan, pero hai que tomalas».

Ramón Noceda: «Non estamos dispostos a que os veciños paguen a incompetencia do goberno»
Unha cuestión que sen dúbida marcou o primeiro ano de mandato, especialmente as últimas semanas, é a aprobación dos orzamentos despois de cinco anos de prórrogas. O que debería ser unha boa nova para o Concello non o é tanto dente o punto de vista da oposición. O voceiro do BNG, Ramón Noceda, cre que non se axustan nin ás necesidades do municipio nin á súa realidade: «O que fixeron foi cadrar número, pero son irreais. A previsión de ingresos aumenta en preto de medio millón de euros, de onde van saír? Non estamos dispostos a que os veciños paguen a incompetencia do goberno».
Noceda advirte de que a previsión de ingresos dista moito da liquidación anterior, e ve claramente o que iso significa: «Xa avisaron de que vai haber unha subida de impostos e taxas e non podemos estar a favor, sobre todo cando a xestión deles foi nefasta». Neste sentido, sinala que parte do incremento dos gastos previstos ten que ver coa actualización da cota pola recollida do lixo e dan mancomunidade da auga: «Non previron iso e agora quen o paga son os veciños».
Máis alá dos orzamentos, o voceiro nacionalista ve con preocupación o rumbo que segundo el está tomando o Concello de Carnota: «O que nos preguntamos é que futuro nos espera. O PXOM está paralizado dende que nós deixamos o goberno pola incompetencia deste executivo, non hai previsión nin planificación e non están xestionando para todos. A realidade é completamente distinta ao que din».

Agustín González: «Tiveron un ano para facer o que quixeron e o cambio é a peor, estamos estancados»
O discurso dos dous grupos da oposición é similar, tanto no que respecta á xestión económica e os orzamentos, como na relación co goberno local. O voceiro do PP, Agustín González, é moi crítico a este respecto: «No mandato anterior había unha colaboración porque estaban obrigados. Agora que están en maioría non é que non colaboren, é que nin sequera informan de nada, hai unha falta de transparencia total. É unha política de feitos consumados e iso fai moi difícil o traballo de fiscalización».
No que ten que ver cos orzamentos, incide no importante incremento dos ingresos que aparecen recollidos no documento económico: «Iso pagámolo todos, hai que subir todos os impostos e taxas para cubrir esa previsión de ingresos, e se non se cumpre haberá que ir ao banco a pedir cartos, e iso tamén o pagamos todos». Agustín González non acaba de comprender tampouco de onde sae o cuantioso aumento dos gastos: «Temos os mesmos servizos de sempre, a poboación vai a menos e non pode ser que haxa pagar tanto gasto a maiores».
Sobre este primeiro ano de mandato en maioría do PSOE, o líder dos populares asegura que non se viron grandes cambios: «Tiveron un ano para facer o que quixeron e o cambio é a peor. Estamos estancados, o mesmo que se non tiveran maioría, ou peor. O que vexo é moita festa e moito folclore, pero non vexo promoción do emprego, axudas a novas empresas ou medidas para fixar poboación».