Un martes de novembro

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Achégase o fin do verán e con el o punto e final a moitas etapas. Se se quere ver o vaso medio cheo, poderíase dicir que se acerca o comezo de infinidade de oportunidades

28 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Achégase o fin do verán e con el o punto e final a moitas etapas. Se se quere ver o vaso medio cheo, poderíase dicir que se acerca o comezo de infinidade de oportunidades.

Aínda fai uns días un grupo de amigos despedíamos a unha aventureira que quixo facer as maletas e buscar experiencias no norte de Europa. Tamén hai unhas horas que outra achegada decidiu subir súa aposta vital para cambiar de aires e coller un novo traballo, non sen pasar polo estrés da decisión. Co fin do verán, ademais de dos días calorosos, remata unha época na que é normal ver as cousas con outros ollos.

O que escribe sempre di que hai que manterse en lugares nos que serías feliz ata un martes de novembro. Polo que sexa, é a forma de expresión que máis se acomoda á miña interpretación de un día triste. Por lugares, tamén me refiro a persoas, que son as que realmente dan calor a un fogar ou as que lle mudan a cor ás tardes de néboa. Que todo cambio de fin de verán sexa benvido e ánimo para todos os que se lancen á piscina de tratar de buscar unha vida mellor.

Hai quen detesta o mes de setembro, pero un aprendeu a valoralo dende que deixou de frecuentar bibliotecas e facultades. Sempre é positivo ver como as persoas do redor evolucionan e, como é habitual, moitas pospoñen os seus grandes proxectos ata o último baño do ano.

Para arrepentirse sempre hai tempo e o verán acaba por volver despois da tempada de choivas. A veces non queda outra que mollarse e sorrir ata nun martes de novembro.