A celebración tivo lugar en A Pousada da Galiza Imaxinaria
19 nov 2024 . Actualizado a las 10:35 h.Hai vinte anos un grupo de veciños vinculados ao mundo da cultura botaron a andar a asociación Barbantia, unha entidade que non parou de crecer nestas dúas décadas promovendo todo tipo de premios, publicacións, anuarios, presentacións literarias e ata unha Romaría das Letras. Esta semana quixeron festexar este aniversario e, despois dun encontro no centro social de Boiro —lugar onde naceu a entidade—, este sábado celebraron unha gran festa onde a poesía e a música foron as protagonistas.
A actividade tivo como escenario A Pousada da Galiza Imaxinaria e a poeta María Lado actuou como presentadora. Ela foi a encargada de ir dando paso aos seus compañeiros para que presentaran os seus traballos. Ana Romaní, Eva Veiga, Ciro Briones, Andy da Fonte, M. López Rodríguez e Esperanza Mariño puxeron voz ás súas poesías, mentres que da música se encargaron o dúo Barahúnda e o grupo Stormy Trucks.
As celebracións por estes vinte anos de Barbantia non quedan aquí, senón que pronto chegará outra gran cita coa entrega dos premios sereos.