A lectora: Antonieta Caramés.

La Voz

BARBANZA

30 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Calquera momento é bo para ler un libro.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Xénero, tema e autor.

3. Que lle achega a lectura? Información sobre temas moi variados, divertimento e moito relax.

4. Os seus libros favoritos. O perfume, de Patrick Süskind, e calquera obra de Xulio Verne.

5. Un xénero literario. O policial e a novela histórica.

6. Un personaxe e un espazo literario. Sherlock Holmes, e a cidade de Londres de finais do século XIX.

7. Que está a ler agora? Chica uno, de Abigail Dean.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Suso de Toro e Carmen Martín Gaite.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Pasear, pilates, series e películas clásicas.

10. Unha paisaxe do Barbanza digna de libro. O monte San Lois.