O edil nacionalista rianxeiro lidera unha lista de 19 persoas na que Cruz Rivadulla aparece na segunda posición
17 dic 2024 . Actualizado a las 21:12 h.O BNG do Barbanza renovou a súa dirección comarcal nunha asemblea celebrada na súa sede, en Ribeira, escollendo a Francisco Rei como novo responsable.
Rei, concelleiro nacionalista de Rianxo, lidera unha lista de 19 persoas «con unha dilatada experiencia política ou en diversos movementos sociais e responsabilidades institucionais», indica a formación. Pola súa parte, Cruz Rivadulla, concelleira do goberno de Ribeira, aparece na segunda posición.
Francisco Rei é técnico de telecomunicacións e ata agora mantiña a responsabilidade do BNG de Rianxo. Moi ligado ao movemento sindical na comarca, tamén forma parte de diversas organizacións culturais.
A asemblea agradeceu o traballo realizado pola dirección saínte, en especial a Adolfo Muíños, anterior responsable comarcal.
Nesta nova etapa, o obxectivo é «seguir avanzando na consolidación do BNG como alternativa, fortalecendo a organización e pensando xa nas vindeiras eleccións municipais». Tamén pretende, asegura, continuiar defendendo «con firmeza» os dereitos e intereses da sociedade como a sanidade, educación, transporte «ou a nosa ría contra o macro proxecto de Altri».