Un camisola recolle a historia de Urso e Rufino, unha parella gay de Taragoña que viviu no século III
BARBANZA

Carlos Callón deu a coñecer a súa existencia a través do libro «Libros e historias LGBT na Idade Media»
08 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O último libro do ribeirense Carlos Callón, Vidas e historias LGBT da Idade Media, é un compendio de moitos relatos descoñecidas para a maioría e ignoradas conscientemente por moitos outros. Por esa razón, o autor cre importante divulgalos e para iso contou coa colaboración de Contravento, unha firma que deseñou unhas camisolas que recollen a historia das dúas parellas homosexuais máis antigas documentadas en Galicia. Unha delas é a que formaban Urso e Rufino, que viviron en Taragoña, en Rianxo, no século III.
A súa historia descubriuse a través dunha lápida funeraria que o arqueólogo Xurxo Ayán estudou hai xa vinte anos. Pola inscrición que aparecía la lousa, «estaba claro que era unha relación afectiva entre dous homes que ía máis alá das estruturas de parentesco, e aínda que todo conducía a entender que eran amantes, non se facía explícito nos traballos académicos», remarcou Ayán na presentación das camisolas. Por iso, Carlos Callón quere sacar o seu e outros testemuños á luz: «Estes non son relatos de ficción, senón historias que puidemos desenterrar grazas ao traballo de campo e a análise documental».
A outra parella que inspira as camisolas é a de Pedro Díaz e Munio Vandízal, que uniron a súas vidas no século XI nun documento solemne no que pode lerse: «Todos os días e todas as noites, para sempre».
Para Carlos Callón, «as de Urso e Rufino ou Pedro e Munio son historias de amor que veñen de séculos e que hoxe reivindicamos con orgullo. Fronte ao silencio, visibilidade; fronte aos insultos, orgullo».