
Noro, un aire daile terrier, recén peiteado en Boiro. Ciprián Rivas
Onúmero de mascotas en Barbanza vai a máis. Nacen menos nenas e nenos, pero temos máis cans e gatos nas nosas casas, necesitados de atención e coidados. A decisión de limitar a prescrición de antibióticos ós animais de compañía en función do cumprimento do Real Decreto 666/2023 que entrou en vigor o 2 de xaneiro procura combater a resistencia a estes medicamentos mediante un uso máis estrito, poñendo en pé de guerra ós veterinarios, levando a súa protesta á rúa, xa que a partir desa data rexistrarán estes fármacos no sistema informático Presvet, provocando, segundo eles, grande carga burocrática, podendo chegar a impactar na saúde do animal negativamente ó atrasar tratamentos mentres se proban outros, se cadra, menos eficaces. Din tamén que elevan o custo da factura a pagar polos donos, responsables últimos destas pequenas feras.
Entre alimentación, salón de peiteado, coidados veterinarios... a conta por coidar un pequeno peludo supera os 1.500 euros anuais, sempre e cando non enferme, así, os custos multiplicaranse. A realidade é que en cada un dos concellos da comarca, os salóns de peiteados caninos medran, as clínicas veterinarias o mesmo, as tendas de alimentación animal seguen esa tendencia, polo que manter unha mascota seguindo o criterio do decreto mencionado vaise converter nun ben de luxo, cando debería ser o contrario.
A Organización Mundial da Saúde, introduce One Health, programa onde a saúde das persoas, animais e ecosistemas están integrados. Eliminar a prescrición dos antibióticos en primeiro estado é pornos a todos en perigo.