
O acto celebrouse no centro Lustres Rivas de Ribeira
21 mar 2025 . Actualizado a las 10:39 h.?Baixo o lema Castelao, Nacionalista Galego, o BNG continuou onte no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira ?o programa de actos que está a desenvolver para conmemorar os 75 anos da morte de Castelao. O acto serviu para reivindicar a vixencia do ?legado do escritor e político rianxeiro e contou coa intervención do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e da escritora Marta Dacosta, que puxeron en valor a figura de Castelao como referente imprescindible do nacionalismo galego.
?Durante a súa intervención, Pérez Barral denunciou a falta de compromiso do goberno galego coa defensa dos intereses de Galiza. «Castelao ensinounos que unha nación que non goberna para si mesma sempre será subalterna. Por iso, o BNG segue a traballar con firmeza por unha Galiza dona do seu futuro?», sinalou.
O rexedor subliñou que o pensamento de Castelao segue sendo unha guía para a acción política do BNG, que continúa a traballar por unha Galiza libre, xusta e soberana.? «Vivimos nun país rico e con recursos por iso imos seguir traballando arreo, escoitando e falando co pobo galego , para sumar máis voces e máis forzas para que, nun futuro moi próximo, teñamos ?á fronte da Xunta un goberno liderado por persoas que crean de verdade na potencialidade deste país?. Por persoas honestas, que defendan Galiza por riba de todo, que poñan os intereses do pobo galego por diante de ?t?odo?», sinalou.
Pola súa banda, Marta Dacosta puxo o acento na dimensión cultural e social de Castelao, lembrando a súa defensa inquebrantable da lingua galega e dos dereitos do pobo galego. «Se hoxe puidese ver a nosa realidade, seguiría a denunciar a discriminación ?que sofre o galego ou como defendería a riqueza natural do país», afirmou.? Con respecto ao ámbito social a escritora destacou a relevancia do traballo de Castelao para darlle voz aos máis febles tendo sempre presente aos cegos, aos nenos e nenas, ás mulleres.
O evento concluíu ?reforzando a idea de que «o mellor xeito de honrar a Castelao non é só lembrándoo, senón seguindo a súa loita con determinación».