Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Pobra celebra o Día do Libro animando aos veciños a atopar catro volumes agochados na vila

La Voz

BARBANZA

cedida

 Lynette White e a súa filla Ena Vila presentarán Las princesas también tienen los pies apestosos

22 abr 2025 . Actualizado a las 15:40 h.

A Pobra celebra este mércores o Día Internacional do Libro con dúas actividades dirixidas a todos os públicos. Trátase dunha solta de libros e da presentación dun libro escrito por dúas autoras da localidade.

A solta de libros comezará ás 16.00 horas. «É unha actividade que ten como obxectivo incentivar a lectura en todas as idades, cun formato diferente. Os libros que se repartirán pola vila son novidades moi recentes», explicou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo. 

Loló Fernández, bibliotecaria, engadiu que se repartirán catro exemplares por diferentes puntos do pobo, escollidos por seren lugares emblemáticos e relacionados dalgún xeito coa literatura. Son libros que están destinados a público infantil, xuvenil e adulto. Os interesado en atopalos terán que ir á biblioteca á procura das pistas.

Ás 19.00, na biblioteca, Lynette White e a súa filla Ena Vila presentarán Las princesas también tienen los pies apestosos, un libro escritor en castelán e inglés, que está dirixido ao público infantil.