Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Cascada de títulos con selo barbancés

M. X. B.

BARBANZA

CEDIDA

A comarca consolídase coma un territorio de prolíficas plumas

23 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Barbanza no só vive unha etapa de esplendor literario no que a lectores se refire, senón que a comarca se está consolidando coma un territorio de prolíficas plumas. Proba diso son os lanzamentos de libros que tiveron lugar no arranque deste 2025.

Francisco Lorenzo, un escritor de Santiago con raíces en Boiro, triunfa coa súa segunda novela, Amnesia, na que propón unha historia de suspense na que o protagonista experimenta estrañas vivencias.

Tamén regresou Manuel Losada, un autor de Vilagarcía afincado desde hai anos en Boiro, para presentar El banco de Carmen, unha historia de suspense que parte dunha misteriosa desaparición.

Desde A Pobra, Laura Novelle sumou un novo título á súa colección: Los malabaristas del silencio. Trátase dunha novela de suspense de romanticismo que, como as anteriores desta pluma, buscar rachar cos estereotipos. Outra pobrense de adopción, Martina Carracedo, propón deSexo, un libro no que fala sen filtros de todo tipo de relacións.

Nesta vila residen tamén Lynette White e Ena Vila, nai e filla idearon xuntas o conto infantil Las princesas también tienen los pies apestosos. Manuel Sousa Sampedro, un mozo nacido en Pontevedra que reside en Boiro, engade á lista Descenso al odio, un poemario abstracto e reflexivo sobre a realidade, que trata temas como a razón e os problemas das relacións sociais.