A iniciativa partiu dun centro coruñés e conta co apoio do actor Viggo Mortensen
19 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Os institutos A Cachada, Espiñeira e Praia Barraña de Boiro veñen de unirse á campaña de fomento do uso do galego «Aquí tamén se fala», unha iniciativa do IES Rafael Dieste da Coruña que se está facendo viral grazas á participación de famosos como o actor Viggo Mortensen.
Grazas á colaboración do alumnado boirense, moitos negocios e comercios da localidade locen dende esta semana cartaces coa consigna «Aquí tamén se fala». Estudantes de secundaria e bacharelato encargáronse de distribuír os carteis entre todo tipo de establecementos, de tendas a fábricas, talleres ou taxis.
O obxectivo da campaña, que tamén ten un amplo seguimento nas redes sociais, é rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada acerca do escaso uso do galego no mundo empresarial.