A Real Academia Galega porá fin á campaña «Toponimízate» cun encontro en Boiro
BOIRO
Os veciños xa fixeron 623 achegas á plataforma Galicia Nomeada
05 nov 2024 . Actualizado a las 21:07 h.A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra da Real Academia Galega (RAG) pechará a edición deste ano en Boiro, cun encontro cos veciños onde se lles explicará o proxecto e a súa gran importancia para recompilar nomes de leiras, montes e outros microtopónimos. O acto terá lugar este venres, no centro social boirense (20.00 horas) e contará coa presenza de Vicente Feijoo, filólogo da RAG e coordinador técnico de Galicia Nomeada, ademais do alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, María Outeiral.
Desde que no 2019 comezara esta iniciativa, os veciños de Boiro foron uns dos máis colaboradores, posto que fixeron un total de 623 achegas procedentes de 55 persoas. Sen embargo, a pesar de esta importante aportación, os topónimos que figuran recollidos na plataforma Galicia Nomeada é de 767; mentres que os procedentes doutros concellos próximos son moito máis numerosos, como ocorre con Rianxo (2.387) ou Ribeira (3.458).
«Polo tanto, queda moito traballo por facer en Boiro, especialmente en parroquias como Bealo ou Macenda, que contan con menos topónimos rexistrados», afirmou Vicente Feijoo.