O termo difundido a través de iniciativas que naceron na bisbarra como as brigadas deseucaliptizadoras acadou a maioría dos votos no concurso da Real Academia Galega
27 dic 2018 . Actualizado a las 10:32 h.Deseucaliptización. Esta é a verba merecedora do título de Palabra Galega do 2018, despois de recibir un total de 3114 votos, máis da metade dos 5.724 votos emitidos neste certame que impulsan anualmente a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. Aínda que se trata dun termo empleado dende hai máis dun lustro, este foi popularizado a través de iniciativas que teñen un dos seus exemplos máis claros na bisbarra co nacemento das brigadas deseucaliptizadoras que impulsaron colectivos medioambientais como Verdegaia ou a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfíns.
Dende a organización do concurso salientaron que «parece que a plantación e reforestación indiscriminada desta especie arbórea provoca cada vez máis rexeitamento social, tanto pola pegada que deixan na paisaxe como polo seu impacto na biodiversidade e outros problemas asociados á súa proliferación, e non só en Galicia e Portugal, senón tamén noutros lugares do planeta como California».
Esta verba competía con outras de especial relevancia pola súa pegada social como femismo, pero tamén con base nos últimos éxitos da pequena pantalla como fariña.