Outes promove o galego entre os mozos a ritmo de rap

M. X. B. RIBEIRA

OUTES

cedida

Os participantes nun obradoiro tiveron ocasión de encaixar rimas e escribir e interpretar cancións

05 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Estimular a creatividade dos mozos e promover entre eles o emprego do galego. Eses foron os obxectivos principais do obradoiro de rap que se levou a cabo en Outes, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística. A acción formativa tivo como mestres a Pablo Castiñeira e ao rapeiro Rick, que desenvolveron cos participantes técnicas para encaixar rimas ou escribir e interpretar cancións. Os rapaces que se deron cita na praza do Bosque tamén tiveron ocasión de compoñer colectivamente algunhas estrofas para despois entoalas.

O concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Ramos, indicou que o goberno local pretende contribuír a que a mocidade dispoña de alternativas de lecer que sexan do seu interese.