Outes organiza un concurso de postais e microrrelatos

OUTES

PACO RODRÍGUEZ

Nenos a adultos poden presentar os seus traballos antes do 22 de decembro

08 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes convoca o concurso de micorrelatos e postais O noso Nadal para promover a creatividade e o uso do galego. A iniciativa non está pensada só para os máis cativos, senón que tamén inclúe aos adultos xa que hai diferentes categorías que abranguen a toda a poboación. Para participar hai que presentar un máximo de dous traballos orixinais na Casa da Cultura antes do 22 de decembro. Hai en xogo varios regalos e máis de 300 euros en premios.

Os establecementos do municipio tamén contarán cun concurso, neste caso de escaparates. Haberá un premio de 200 euros e outro de 100. Os interesados teñen ata o xoves para inscribirse.