Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Nebra lembra aos seus mártires

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

PORTO DO SON

DANI GESTOSO

BNG e a familia de Paco do Martelo rememoraron a revolta veciñal de 1916

12 oct 2023 . Actualizado a las 18:15 h.

Os veciños de Porto do Son manteñen viva a lembranza aos mártires de Nebra, catro mulleres labregas e un home asasinados o 12 de outubro de 1916 por negarse a pagar un tributo abusivo e que deixou outros moitos feridos. A ponte de Cans acolleu onte as tradicionais homenaxes: a impulsada hai máis de dúas décadas por Paco do Martelo, da que tras o seu falecemento recolleu a testemuña o seu fillo, e a que leva a cabo o BNG.

Pola mañá tivo lugar a do BNG, no que a deputada pola Coruña Mercedes Queixas definiu como «un exemplo de dignidade e de mobilización de quen non aceptou a submisión ante o abuso de poder». Manifestou que «forma parte da memoria colectiva que nos pertence como pobo».

Ao mesmo tempo, falou doutros feitos máis recentes, como a revolta das labregas das Encrobas o das marismas de Baldaio.

Queixas tivo tamén palabras de lembranza para a que fora concelleira sonense, Ánxela Franco, «admirada e estrañada». No acto houbo representantes de varios municipios e non faltou o voceiro do BNG sonense, Balbino González.

Teresa Pouso, viuda de Paco do Martelo, colocando las flores en el monolito
Teresa Pouso, viuda de Paco do Martelo, colocando las flores en el monolito

A familia de Paco do Martelo

Pola tarde foron a viúva de Paco do Martelo, Teresa Pouso, e o seu fillo, José Antonio Calo, os que acudiron á ponte de Cans.

Xunto á placa que lembra o acontecido, Teresa Pouso depositou un ramo de flores. Eles recolleron a testemuña de Paco do Martelo na homenaxe aos mártires de Nebra.