Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

ENCUESTAS EN RED ¿Cree que la Xunta eliminará el peaje de la AG-55 o ya es imposible?

La Voz

CARBALLO

05 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Historia A raíz desta pregunta cómpre facer un pouco de historia, algo que moitos rechazan facer xa desde fai moitos anos. ?Cando fai anos se construíu a autovía «gratuíta» non nos podiamos imaxinar que moitos tiveramos que saír ás rúas a defender precisamente a gratuidade da vía (por chamarlle algo). Os alcaldes da bisbarra pareceron calar e otourgar ante tal estafa aos cidadáns e a propietarios dos terreos. Moita xente saíu á rúa e foi tildada de radical por unha minoría próxima ao poder, pero nada se conseguíu. ?Agradame moito que despois de tantos anos esa minoría, que tivo a oportunidade de que non se producira a estafa da peaxe, se dera conta de que esa peaxe non debe existir; penso que nunca é tarde e é bo rectificar, como tamén o é recoñecer erros publicamente. ?Todos somos útiles en democracia, e máis porque eses gobernantes anteriores poden aportar moito a esta sociedade. Pódennos contar cal foi o tipo de contrato que se firmou coa empresa Autoestradas de Galicia e porque sae tan caro rescindir o contrato (sae máis barato facer unha nova). ?Gustaríanos saber tamén a todos quen está detrás desa empresa tan importante. ?É responsabilidade destes novos gobernantes solucionar esta lacra que temos na Costa da Morte e quitar definitivamente a peaxe, pero é responsabilidade dos que se foron de hipotecar o futuro dun pobo. Cada quen ten a súa. É importante a supresión das peaxes da Barcala e Rande porque lémbrome, por desgraza, cando foi a ultima peaxe que nos fixeron pagar, pero non me lembraba xa da derradeira peaxe que nos quitaron. ?Un saúdo. Ursus . Hai que mirar algo cara atrás Ao final vai resultar que o PP se sae de rositas e non ten culpa ningunha sobre este roubo que nos están a facer día a día. Despois de facer esa estrada que lle chaman autoestrada cos cartos de todos os cidadáns e expropiando terreos que aínda hoxe non foron pagados (pode dar testemuña disto moita xente); despois de todo iso o PP impuxo unha multa perpetua a todos os cidadáns da Costa da Morte por querer achegarse á capital provincial a traballar. Habería que mirar que persoas están detrás da empresa Autoestradas de Galicia e canto custaría agora voltar a mercar esa autoestrada. Como dicía outro lector, creo que paga a pena facer outra autopista e deixar esa para todos os PePes... votantes e militantes, que son os que están dacordo. Hipo Tecados Pasempre . Réditos Os cartos da peaxe servirán para ampliar a AG-55 ata Fisterra, só que parecen investidos «a prazo fixo» e non se poden sacar os réditos ata dentro duns anos. Pepe Pérez . Otro vendrá que bueno te hará Antes, con el gobierno del PP, mucha reivindicación por parte de los partidos de la oposición, pero ahora que están ellos, los que antes se concentraban por una autopista gratuita ahora no sólo se callan, sino que suben 10 céntimos el peaje de esa autopía. ¡Fenómeno! Como sigan así tendremos que reservar billetes por Ryanair. Beatriz Teijido . Seguro que lo vuelven a subir Antes de fin de año lo volverán a subir. Antes le llamaban el PPeaxe, y ahora, ¿dónde va aquel movimiento contra el peaje? Era todo política y estos dos seguirán haciendo política, con mentiras tras mentiras. ¿Adónde va el dinero de nuestros impuestos? En nuestra zona, al progreso, ¡NO! Lo de las vías de comunicación demuestra que cada día vamos a peor. Pili S . A vida segue igual Moito falar cando gobernaba o PP, que se os cartos do plan de... eran poucos, agora menos; que se a gratuidade da autovía, agora máis cara, e, para colmo, unha autovía especial ata Berdoias, e agora nin para tapar os baches. ZP, acórdate, non nos falles. Á parte diso, se volvemos ás eleccións teremos ata aeroporto na Costa da Morte. Vaia por Deus. Miguel Carril . Opiniones en www.lavozdegalicia.es (edición Bergantiños)