¿Eliminará la Xunta el peaje de la AG-55 o ya es imposible?

La Voz

CARBALLO

ENCUESTAS EN RED

08 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

La página web de La Voz de Galicia ha recogido durante toda esta semana las opiniones de los internautas sobre la posibilidad de que la Xunta elimine el peaje en la autopista. Éstas son las últimas. Non é tan caro Para o desenvolvemento da costa, a solución é poñer a peaxe a máis de 50 euros -todos consumirían produtos da Costa da Morte- e outra peaxe en Negreira. Pero so para saír. Por aí van os tiros. Do desenvolvemento. Estes do Bloque canto saben. Pepe da Eira. Mentiras Bloque e PSOE engánannos máis que nunca. Nin autovía, nin parador, nin desenvolvemento. Non se pode mentir impunemente. A Costa da Morte non esquece. Plataforma autovía, xa ¿onde están os de Nunca Máis? C. M. I. Non é para tanto So hai dúas peaxes en 10 quilómetros despois de vir gratis dende Madrid. Touriño, estás sembrao , esqueceches a Costa da Morte e as túas promesas: dixo gratis e ata Fisterra. Plataforma autovía, xa, e Touriño e Anxo, nunca máis. P. E. Timo Es un timo, lo mires por donde lo mires. La relación calidad-precio de esta autovía es un cachondeo. Conocía a muchas personas que ya han fallecido en esas curvas, y hay zonas que nunca ven la luz del sol. Al coste del peaje, hay que añadirle el del combustible, que en dirección a Carballo y una vez que pasas el puente de Loureda, tira que da gusto. Aquí, siempre ganan los mismos. las grandes constructoras y los políticos. Anónimo . De vergoña É de vergoña que polo traxecto de 32 quilómetros teñas que pagar 2 ¿, con curvas para todos os gustos, con costas que como non teñas un bo coche quedas estancado, co produtivo que sería para a comarca que fose gratis, así os mozos non teriamos que marchar a vivir para a cidade e poderiamos ir e vir todos os días. Pero, á parte do combustible, teriamos que desembolsar 4 ¿ ao día. Paréceme excesivo. A culpa dende un inicio foi dos comerciantes da zona, tiñan medo de que a xente fose mercar á Coruña, pero ¡que máis da! Se agora hai un centro comercial en Coristanco. ¿Alguén se arrepentirá? Ana M. Rodríguez .