Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

¿Conservaría usted las antiguas losas de piedra de las aceras de Muxía?

La Voz

CARBALLO

18 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

No 2006 con estas preguntas A pregunta a que nos invita a opinar este xornal di moito da mentalidade que sigue existindo en relación coa conservación do patrimonio. Por que, alguén pensa que é lóxico cuestionármonos, se debemos ou non manter as características máis singulares dos nosos pobos? Estou dacordo con Adrián Castro en que en Muxía como en moitos outros pobos, xa se teñen feito moitas barbaridades. Máis isto non é escusa para que o noso patrimonio siga sendo destruído (total para o que queda!). O que si me parece inaceptábel é que sexa unha Administración Pública (Goberno Municipal de Muxía) cos cartos públicos, o que pretenda unha vez máis destruír o patrimonio. Espero que a Xunta actúe e deséxolle moito ánimo aos veciños de Muxía que denunciaron o caso a seguir loitando polo seu pobo, que sigue sendo unha marabilla, a pesar do seu alcalde. Marta. As mentiras de cada día Son un muxián que non podo parar de rir(por non chorar) cás declaracións do noso señor alcalde. Comezando por aquela na dicía que non tivera oposición no pleno o presentar o proxecto. O certo é que sei de boa man que só o apoiaron os do seu propio partido. Despois está o recolocamento das pedras en "lugares públicos" e aínda hoxe preguntamos, sen resposta, a onde foi o enlousado da Barca. Este é so unha pequena selección das mentiras que di e de seguro seguirá a dicir, mentres lle conveña. Así que, amigo lector, recorde isto a próxima vez que lea unha declaración do alcalde de Muxía. Xosé Valencia Romar . Adiante Adiante, muxiáns. Non consintades que leven as pedras vellas das vellas beirarrúas. Gondar . Acera en Muxía Pois claro que eu conservaría as antiguas beirarrúas de Muxía. Siempre se intenta restaurar o antiguo non meter cousas modernas ao menos nun pobo pesqueiro. Lita Blanco . Viva o cemento O que lle está pasando a Muxía xa o tivemos que aguantar en Fisterra uns anos atrás. Os adoquíns das rúas tapados con asfalto así as doiras podían facer estragos costa abaixo sen freno ningún e as aceras de cantería foron cambiadas por tobogáns de cemento para partir a crisma e algo máis. Máis tarde houbo que volver a repoñer todo como estaba, pero iso si doble gasto e máis dun quebradeiro de cabeza. As modernías da Costa da Morte ... Rompe a cómoda de teca que che deixou a túa aboa e compra unha de formica que é o que se leva agora ou mellor dito Deus dea cemento e darlle saída aos cartos. Ista clase de novedades urbanísticas son para este servidor como lavar a cara e deixar o cu sin limpar. Juan Manuel Díaz . Opiniones en www.lavozdegalicia.es (sección Bergantiños).