
Música popular | Edelmiro Fernández
07 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.? segunda actuación en A Laracha do ciclo Circuíto 4x4 terá como protagonista a un experimentado intérprete de gaita que aos seus 34 anos alterna a faceta sobre os escenarios coas responsabilidades como mestre do conservatorio de música folk de Lalín. Edelmiro Fernández leva dez anos na primeira fila dos gaiteiros galegos, atesoura numerosos galardóns, tanto nacionais como internacionais e ten participado e colaborado en gravacións como Á procura das raíces, en homenaxe ao musicólogo xa desparecido Jesús Bal y Gay, e a obra de Shaun Davey Pilgrim. Nas súas actuacións, Fernández abarca desde a música máis tradicional ata as composicións máis innovadoras facendo gala sempre dunha espectacular dixitación e un gran virtuosismo.