Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Aquí atopei unha parroquia con xente moi agradecida e traballadora»

S. G.

CARBALLO

28 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Pablo Carou Barros (Santiago, 30 anos) é diácono en Carballo dende as festas da Milagrosa, en setembro. En xullo, o día 5, será ordenado presbítero: cura con todas as da lei. Dende o 1 de setembro, o arcebispo daralle destino. Licenciado en Historia e en Estudos Eclesiásticos, está a piques de facelo tamén en Teoloxía. -¿Que tal a súa experiencia en Carballo? -Moi boa. Aquí atopei unha parroquia con xente moi boa, agradecida e traballadora. En xeral, máis que en outros lugares nos que teño estado. A maioría dos feligreses son moi entregados, se poden facer algo, ofrécense. Iso non se ve a miúdo. Ademais, é unha parroquia con moita actividade, o cal tampouco é habitual. -¿Gustaríalle seguir aquí? -Claro, sen problema, pero iso non depende de min. Mandaranme donde haxa necesidade. -¿Que tal co titular da parroquia, José García Gondar? -Moi ben, foi, é, como un pai para min, correxíndome no que é necesario, dándome consellos cando llos pido. Fai as cousas moi ben. -¿Como se sente ante a nova vida que lle espera? -Ben, contento, pero iso de nova vida é discutible ata certo punto, porque como diácono xa fixen moitas cousas das que podo facer como sacerdote xa ordeado. Digamos que imos entrando pouco a pouco nesa nova vida de presbítero. Non podemos consagrar, nin confesar, nin dar a unción aos enfermos, pero si o demais. Por exemplo, casar. Xa o fixen con ex compañeiras de Historia.