A poeta cormelana Diana Varela presentou «Fíos» en A Coruña

La Voz

CARBALLO

15 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A poeta e avogada cormelana Diana Varela Puñal presentou esta semana na galería Sargadelos de A Coruña a súa primeira obra, titulada Fíos , coa que no 2006 gañou a cuarta edición do Premio Uxío Novoneyra, convocado polo Concello de As Pontes, ademais do primeiro premio do Díaz Jácome, do Concello de Mondoñedo.

A escritora, que ten moitos poemas inspirados na súa infancia en Corme, estivo acompañada en A Coruña polo fundador da editorial Espiral Maior, Miguel Anxo Fermán Vello.

O libro de poemas pode atoparse en moitas librerías de Galicia e tamén na biblioteca de Corme, onde Diana Varela enviou varios exemplares.