«Non se lles pode dar todo ás empresas de fóra»

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Repite candidatura independente co ánimo de facer unha «política humana»

19 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

José Ramón Rojo (31 de agosto de 1968) proba sorte de novo nas eleccións municipais de Corcubión. Fai catro anos non obtivo representación municipal co seu Partido Autónomo de Corcubión (PACor) e téntao de novo. Vive en parella e ten dous fillos, un neno de oito e unha nena de dous. Aínda que é empresario, defínese como «dedicado á política».

-¿Por que se presenta de novo?

-O noso partido nace do desencanto, que é bastante notable en Corcubión. O goberno só se preocupa dos empresarios de fóra, e polos de Corcubión, nada. E non se lle pode dar todo ás empresas de fóra. Hai moitas cousas que os de aquí poden facer perfectamente, como por exemplo as obras do Plan E, pero xa se viu para onde foron. A xente está desamparada. Queremos que isto cambie.

-¿Como ve a situación de Corcubión?

-Hai cousas que están moi mal. Hai varias obras que se deixaron sen edificar. Segue pendente o PXOM. O pobo vai a menos, cada catro anos baixamos uns 150 habitantes. E moitos vanse ao lado, a Cee, onde si hai actividade. Temos negocios para abrir aos que non lle dan licenza. Chalés unifamiliares en marcha con todo en regra aos que non se lle contesta dende o Concello. Parece que hai unha política de evacuación do pobo. É preciso un impulso.

-¿Que opina dos dous gobernos que houbo neste mandato?

-As do BNG e o PP son políticas moi similares, en ambos casos deixan de lado á xente do pobo, e hai que mirar polos que son de aquí.

-¿Que programa leva?

-Quero construír 75 vivendas a prezo de custe para a xente nova, que paguen 100 euros ao mes durante 35 anos. Tamén crear emprego coidando á xente maior que o precisa. E aportando 100 euros ás persoas que teñen as pensións máis baixas, os beneficiarios serían unhas 150 persoas. Os cartos poden obterse se o Concello se retira dos máis de 20 preitos nos que está metido, moitos por temas persoais, e creando crispación. A miña será unha política humana, sobre todo coa crise que hai. Quero cambiar o que pasa agora, que é que, se gana un bando, van machacar ao outro, sen piedade, actuando sobre todo contra os indefensos. Esa non é unha boa maneira de actuar, eu lévome ben con todos.

En contra

En contra

A favor

A favor

A favor

En contra

En contra

En contra

En contra

Paella, e fágoa ben

Caracois

Rioja

Cervexa

Robaliza, sobre todo á parrilla

Un Mercedes cupé

Non

O Deportivo e o At. Madrid

Juan Ramón Jiménez

Platero y yo

Pretty woman

David Civera

Antonio Banderas

Penélope Cruz

Civera

Pop clásico e música de baile en xeral. E xente como Perales

Sálvame