«O PXOM é algo fundamental»

Eduardo Eiroa Millares
e. eiroa CEE / LA VOZ

CARBALLO

Di que o PP trata de gañar nos tribunais o que non acadou nas urnas

13 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Manuel Valeriano Alonso de León (A Ponte do Porto, Camariñas, 1952) o coñecen todos en Camariñas como Pichurri. Presentouse encabezando o PSOE hai catro anos e acadou oito concelleiros. Non pensa en baixar.

-¿Como ve que o PP lle puxera unha denuncia?

-O que máis me doeu foi que tentaran levar a campaña aos tribunais. Xa fixeran o mesmo nas anteriores coa paridade. O PP está moi acostumado a ir aos tribunais. Non fixeron nada en catro anos e agora veñen con isto a liar a campaña poñéndose coa miña dignidade e a da miña familia. Voume defender con todas as armas ao meu alcance.

-¿Como foi e como é a relación coa oposición?

-Eu teño relación con todo o mundo, nunca lle neguei a palabra a ninguén por motivos políticos. Ata agora. Ao candidato do PP non penso volver a dirixirlle a palabra. Nin nos plenos. Pero non por unha persoa deixarei de falar co resto.

-¿Que destacaría do mandato que remata?

-Fixemos moitas cousas, pero para min o PXOM é algo fundamental, foi o cabalo de batalla. No saneamento chegamos ao 90% do territorio. E paseos marítimos, diques de abrigo, beirarrúas, campos de fútbol, peche de vertedoiros. Pero non quero que me voten polo traballo feito. É a miña obriga traballar por mellorar a calidade de vida dos veciños.

-¿Se non é polo feito, por que deberían votarlle?

-A nosa candidatura é o motivo para seguir a votarnos. Somos persoas normais que nos presentamos coa cabeza levantada despois de 28 anos de goberno socialista.

-¿Que puntos importantes levan no seu programa?

-Un moi destacado levábamolo no anterior pero retrasouse algo, o tanatorio de Camariñas, que xa está a punto. Seguramente o luns teremos o proxecto. Ademais, gustaríame desenvolver os polígonos industriais do municipio. O de Camariñas xa ten un plan sectorial aprobado. No caso de A Ponte do Porto, nós axudaremos en todo no que poidamos. De feito, xa tivemos que adaptar o PXOM para recoller o parque empresarial. O importante é crear emprego. Daremos axudas aos emprendedores.

A favor

En contra

A favor

A favor, que cada un case con quen queira

A favor. Son as mulleres as que deciden

En contra

En contra de todas

En contra

Habería que matizar moito

Cada un que viva onde queira respectando as leis do país

Un cocido galego

Caracois

Un mencía

Un cubata de ron

Percebes, centola, nécora, navallas, berberechos...

Pinto ou maragota en caldeirada

Sempre Renault. Agora un Passat

Non, nunca

Camariñas, Porteño, Xaviña e Barça

Unha boa partida de dominó

manuel valriano alonso de león alcalde e candidato do psoe en camariñas

Manuel Leguineche

El topo

La vida es bella

Dalí

Brad Pitt

Jennifer López

Juan Pardo

Toda a que se poda bailar

Informativos e El Intermedio

Gustaríame coñecer Rusia e tamén ir a Londres