O actor Avelino González meteuse nesta profesión «porque non quería madrugar», pero a realidade é máis dura. Di que é «un enfermo da bici», e que vai de Carballo a Malpica nela. E no camiño, se cadra, aínda asina algún autógrafo. «Gustaríame saber o que fai a xente con eles, hai quen os colecciona por vicio», di entre risas. Nestas vacacións, «un concepto que está en desuso e extinción», estivo «nadando no mar, esnifando verniz na casa dos pais, apañando froita e facendo por primeira vez marmelo». Este ano vai volver ao FIOT de Carballo porque «é un dos sitios importantes do teatro galego». Tamén vén ata Buño «para mercar potas», a Corme e A Laracha, asegura.
-Comida e bebida.
-Sempre peixe, mesmo cru, e un albariño do Rosal.
-Praia favorita.
-Baldaio (Carballo), descubrina este ano facendo surf.
-Non sae da casa sen...
-Calzóns.
-O mellor e o peor do día.
-O almorzo é o mellor. O peor, cando tes sono estando de festa e os amigos non che deixan marchar.
-¿Romarías ou verbenas?
-(Ri) As verbenas pola noite.
-Gasta pista con...
-Paquito el chocolatero ou Loca, de Shakira.
-No verán infórmase con...
-O xornal no bar.
-A viaxe deste verán.
-Estambul (Turquía), porque teño dous amigos alí.