«Vivir na Costa da Morte é coma vivir en Marbella»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

02 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

«Non podo andar contra a corrente», así que acepta que o chamen por calquera dos seus nomes: El Parga ou Tío Pío. O cantante cabanés recoñece que este verán non tivo tantos concertos como lle gustaría. «As comisións non me entenden, pensan que son un cachondeo», di. É a incomprensión que senten moitos artistas. Hai uns días estivo en Traba (Laxe), «e fóronme ver malia haber festas en Malpica e Canduas». Os seus fans soen ser moi novos, «son os que máis me queren e non teñen maldade», asegura. Este ano non vai de vacacións fóra da bisbarra. «Vivir na Costa da Morte é coma vivir en Marbella. Non teremos tanta pasta, pero vivimos mellor», di rotundo.

-Comida e bebida.

-Auga mineral e unha boa mariscada.

-Praia favorita.

-A de Balarés (Ponteceso).

-Non sae da casa sen...

-O coche.

-O mellor e o peor do día.

-O mellor, cando vexo á xente animada na festa. O peor é cando creo que ninguén vai ir aos meus concertos. Pero ao final, veñen.

-¿Romarías ou verbenas?

-As verbenas pola noite.

-Gasta pista con...

-A miña canción, El tío pío.

-No verán infórmase con...

-Sempre coa radio, Radio Voz Bergantiños.

-A viaxe deste verán.

-A Madrid ou Barcelona... ¡en avión, eh!