Aprazado o recital de poetas programado polo Concello de Muxía para este sábado

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

11 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Os amantes da poesía terán que esperar máis do previsto para gozar do recital conxunto que programara o Concello de Muxía para este sábado. Segundo explicaron onte desde o departamento municipal de Cultura, o encontro, organizado como continuación da entrega dos premios do certame de fotografía Ramón Caamaño e no que ían participar Serxio Iglesias, Rivadulla Corcón, Rosalía Fernández Rial, Suso Bahamonde, Diana Varela Puñal e María Lado, tivo que ser aprazado pola imposibilidade de varios deles de estas presentes nesa data.