-Foi de viaxe.
-Fun a Barcelona no mes de marzo, antes e ser elixido presidente da asociación.
-Mercou algo que non precisaba.
-Uns discos de Plácido Domingo que comprei por correo porque os escoitei pola radio pero agora non os dou escoitado todos.
-Dixo «terra trágame».
-Debido ao traballo [ten unha empresa de aluminios e fiestras] que teño, cando fallo nunha medida sempre me digo iso.
-Brindou por algo.
-Hai dúas semanas brindei polo aniversario da miña muller.
-Mentiu.
-A miña forma de ser non me permite mentir. Calo antes que mentir porque creo que é o peor que hai.
-Deu un bico.
-Hoxe mesmo pola mañá.
-Chorou vendo a televisión.
-Non choro nunca vendo a televisión. Non son moito de chorar por cousas que non me tocan directamente.
-Non puido evitar rir, aínda que non fose o sitio adecuado.
-Hai cousa de tres meses fun a un funeral e fíxome moita graza algo que dixo o cura e custoume moito aguantar a risa.
-¿Con que lle gustaría tomar un café?
-Con calquera que sexa serio e agradable.
-¿E con quen non o tomaría?
-Con mentireiros, nin cos que non cumpren as condicións da resposta anterior.