«Estou lendo ?Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban?»

Manuel Rey
manuel rey CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O técnico de cultura de Cabana comezou o pasado venres a guiar as rutas nocturnas no dolmen de Dombate

06 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Desde esta semana, o dolmen de Dombate, un dos enclaves turísticos máis destacados da Costa da Morte, tamén se pode visitar de noite. Tódalas noites, a partir das once, o monumento abre as súas portas para realizar unhas rutas moi atractivas. É unha das novidades do convenio que o Concello e a Deputación firmaron a pasada semana, e que inclúe moitas outras actividades. Ademais, estará aberto ao público de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Destas rutas encárgase Ángel Eiroa, técnico de cultura do Concello de Cabana, que como era de agardar superou o cuestionario con boa nota.

-¿Verbena ou foliada?

-Diría que depende, porque me gustan as dúas, pero estou máis acostumado ás verbenas.

-¿En que concello naufragou o barco Serpent?

-Camariñas.

-¿Mar ou río?

-Mar.

-¿Quen foi Bernal Eans de Moscoso?

-Un dos señores do castelo de Vimianzo.

-¿Sendeirismo ou deitarse ao sol?

-Complicado pero... quédome co sendeirismo.

-¿Quen escribiu Queixumes dos pinos?

-Eduardo Pondal.

-Completa a frase: «As nenas de Camariñas...»

-Están no río lavando.

-¿Praia téxtil ou nudista?

-Praia téxtil.

-¿Cal é o punto máis occidental da Costa da Morte?

-Cabo Touriñán.

-¿Churrascada ou sardiñada?

-Churrasco, aínda que non me disgusta unha sardiñada de cando en vez.

-¿Canto tempo hai que non pon unha tixola ao lume?

-Un pouquiño.

-¿Quen pronunciou a frase «As pedras son pedras»?

-O exalcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez.

-¿Lagostino ou cigala?

-Cigala.

-¿Onde naceu Alfredo Brañas?

-Carballo.

-En que país estivo emigrado Fernando Blanco?

-Cuba.

-¿Que libro está lendo?

-Estou volvendo á miña infancia e estou lendo Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban. Os que acaba a miña filla cólloos eu.

-¿Inverno ou verán?

-Gústame máis o verán, aínda que me quedo co inverno porque no verán teño que traballar máis.

-¿Quen inventou o futbolín?

-Alexandre de Fisterra.

-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?

-Rematar en Muxía pasando por Fisterra.

verano sin tregua