O humorista coruñés volveu onte á comarca cun espectáculo que se enmarcou dentro do Verán Cultural de Carballo
12 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.O humorista Pedro Brandariz recalou onte xunto a Fran Rei no xardín municipal de Carballo, facendo rir aos nenos co espectáculo Dous pallasos en máis apuros. Pronto volverá á comarca, xa que o 9 de agosto estará en Corcubión representando Contos e outras andrómenas.
-¿Verbena ou foliada?
-Son moi verbeneiro. Onde haxa unha cumbia ou unha rumba... Vánseme os pés soíños.
-¿En que concello naufragou o barco Serpent?
-Fisterra.
-¿Mar ou río?
-Son mareiro. Por aquilo de que as ondas che vaian vindo aos pés.
-¿Quen foi Bernal Eans de Moscoso?
-Non sei que tal lle iría no Asalto ao Castelo...
-¿Facer sendeirismo ou deitarse ao sol?
-Aínda que son entrado en carnes a min gústame moito iso de pasear e ver as paisaxes e respirar aire puro.
-¿Quen escribiu Queixumes dos pinos?
-Pondal.
-Completa a frase: «As nenas de Camariñas...»
-Van paseando.
-¿Praia téxtil ou nudista?
-Neso son moi conservador. Prefiro a praia téxtil, non vaian a verme as vergonzas.
-¿Onde naceu Alfredo Brañas?
-Fisterra ou o cabo Vilán.
-¿Churrascada ou sardiñada?
-Sen dúbida algunha churrasco. Gústame moito tanto facelo como comelo.
-¿Canto tempo hai que non pon unha tixola ao lume?
-Debe de haber máis dun ano. Churrasco si que fago, na grella, pero a tixola hai moito que non a poño.
-¿Quen pronunciou a frase «As pedras non se comen»?
-Esa foi Mucha a de Ardebullo.
-¿Lagostino ou cigala?
-Lagostino. Ese lagostino que se come o fin de ano, conxelado... Iso é unha delicatesen.
-En que país estivo emigrado Fernando Blanco?
-En Suíza.
-¿Inverno ou verán?
-Son máis de inverno. Aínda que tal e como foron estes últimos, xa me abondou.
-¿Quen inventou o futbolín?
-Alexandre de Fisterra... inventa o futbolín, inventa a caña brava...
-¿Onde naceu Alfredo Brañas?
-En Carballo.
-¿Que libro está lendo agora?
-Non son moito de ler, pero agora estou cun libro de improvisación teatral. Chámase Del salto al vuelo, de Omar Argentino.
-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?
-Fisterra. Síntoo moito polos de Muxía. Pero bueno, faise unha reviravolta e pasamos por alí.