Silvia Losada é mestra, artista, animadora cultural... Escribe: «Todo o que fago faime moi feliz e esa é a miña enerxía. Danme osíxeno: a milla filla, o meu marido, os meus pais, o traballo...»
15 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Nacín cando as prantas nacen, no mes das frores nacín..., di a miña canción fetiche, que musiquei dun poema de Rosalía. Crecín nunha familia humilde, pero fun educada para ser independente, disciplinada, libre, tolerante e, sobre todo, moi traballadora. Cantaba e tocaba a guitarra dende moi pequena, tiña 6 ou 7 anos cando na escola xa me dicían que tiña unha voz suave e peculiar. A esa idade escoitaba a Elvis, Sinatra, Barbra Streisand, The Bee Gees... Fascinábanme os musicais de Fred Astaire, Gene Kelly, Julie Andrews, e máis adiante empapeime de Aute, Silvio Rodríguez, Sabina.... Aprendín a cantar escoitando música e non soamente cantautores senón a moitísimos/as solistas: aprendía con todo. Maria Callas, Cindy Lauper, Bette Midler, Sinatra, Ella Fitzgerald e o meu tango favorito: Por una cabeza, de Carlos Gardel.
Sempre souben que non me dedicaría profesionalmente a isto. Así, aínda que para min significa moito cantar, pensei que tiña sorte porque podería facelo sempre que quixera, pero nunca tiven a idea de vivir da música. Influenciada por un gusto cara os distintos tipos de arte, como o teatro, a ópera, a poesía, o cine, a literatura, o ballet clásico..., estes non soamente me aportaron riqueza persoal senón que foron ferramentas para entender a vida e ao mesmo tempo transformala no que eu realmente quería ser e no que quería facer. Así o fixen. Escollín a ensinanza como profesión ou tal vez a ensinanza me escolleu a min. Son unha muller emprendedora, cariñosa, voluntariosa, activa e leal.
Os pequenos logros que obtiven ata agora foron grazas ao esforzo persoal e ímprobo que fixen e fago tódolos días. Tamén conta a miña traxectoria profesional, a experiencia e a formación académica, que resulta imprescindible, porque son das que pensan que hai que prepararse continuamente e non deixar de estudar nunca. O contacto coa xente maior ensíname que a experiencia que teñen da vida é a mellor universidade de todas, e o traballo diario cos nenos e nenas ensínache a ter en conta o fráxiles que son e a sensibilidade que hai que ter cando se traballa con estas idades.
Sempre cara adiante
Todo o que fago faime moi feliz, e esa é a miña enerxía. Danme osíxeno: a miña filla, o meu marido, os meus pais, o traballo, as amigas e amigos, a vida enteira. Son mestra de Educación Física, fixen o Grado de Educación Primaria e o Grado de Educación Infantil, entre outras moitas cousas, e sigo estudando coa finalidade de poder facer un doutorado. Coido que moito non tardará. Sempre pensei que nunca era tarde para min, e realmente, como considero que a idade é mental, síntome moza e con moitas ganas de continuar loitando e traballando. Dedícome a mellorar en tódolos ámbitos que podo, e intento ver a vida dende o lado positivo. Nunca miro cara atrás, sempre cara adiante, e recoñezo que non me importaría comezar de novo, noutro país ou cidade, aldea ou vila, se algún día me quedara sen nada: de seguro que remontaría sen ningún tipo de problema. Son unha loitadora como a que máis. Faría como Yeats no seu poema:
Me levantaré y partiré ahora, partiré hacia Innisfree, Y construiré allí una pequeña cabaña, hecha de arcilla y zarzas: Nueve surcos de judías tendré allí, y un enjambre de abejas, Y solitario viviré en el claro rumoroso. Y algo de paz allí encontraré, pues la paz gotea lentamente...
Para poder levar a cabo a miña vida sen demasiados problemas afástome da xente tóxica, as traizóns, a mentira e os mentireiros, os que se cren máis ca ninguén, as que rexeitan das súas orixes, os déspotas, as que chegaron a ter un posto de traballo e cren que poden facer e desfacer ao seu antollo, aos que permiten as inxustizas, aos envidiosos e envidiosas... Por suposto que non teñen lugar ao meu carón.
Na Costa da Morte síntome moi querida. No meu lugar de traballo a maior parte da xente é estupenda, tolerante, cordial e afable. A miña época dourada vivina na universidade. Época que non volve pero lembranzas inesquecibles con amigas e amigos qué aínda se preocupan de como me van as cousas, aínda que tardemos anos en reencontrarnos. Vivín o amor como describía Lope de Vega naquel soneto que tanto me gusta:
Desmayarse, atreverse, estar furioso, áspero, tierno, liberal, esquivo, alentado, mortal, difunto, vivo, leal, traidor, cobarde y animoso; no hallar fuera del bien centro de reposo, mostrarse alegre, triste, humilde, altivo, enojado, valiente, fugitivo, satisfecho, ofendido, receloso; huir el rostro al claro desengaño, beber veneno por licor suave, olvidar el provecho, amar el daño; creer que un cielo en un infierno cabe, dar la vida y el alma a un desengaño; esto es amor, quien lo probó lo sabe.
Efectivamente, tamén bebín veleno por licor suave... En canto ao amor verdadeiro, como diría Shakespeare: «Non é amor un amor que cambia sempre por momentos... é un faro imperturbable que contempla as tempestades e nunca se estremece». Este é o meu amor. Por primeira vez sinto que teño algo que devolverlles aos meus seres queridos: eles meréceno. Despois de traballar volvo á miña casa e á miña vida e é en presenza do meu marido e da miña filla cando me dou conta e son consciente da vida que escollín. Teño moito máis do que puiden soñar, e son consciente da miña vida e do meu destino. Seguramente aínda me queden moitas metas que lograr, viaxes que facer e guerras que gañar, pero o vivido, vivido está. Acabaría este pequeno conto nomeando ao meu poeta favorito:
Cuando seas vieja, y canosa y vencida por el sueño, Y dormitando junto al fuego, tomes este libro, Y lentamente leas, y sueñes con la dulce belleza, Que tus ojos tuvieron antaño, y con sombras profundas; Cuántos amaron tus momentos de alegre donaire, Y amaron tu belleza con amor falso o sincero, Pero sólo un hombre amó en ti tu alma peregrina, Y también las tristezas de tu rostro cambiante; Y cuando inclinada junto a las barras candentes, Murmures, con ligera tristeza, de cómo el Amor huyó, Y anduvo allá arriba por los montes, Y escondió su rostro entre un tropel de estrellas.