O IES Maximino Romero de Lema combina diversión educación na súa Semana Cultural

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Doce anos leva o centro desenvolvendo esta actividade

14 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá dará comezo a duodécima edición de Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema, unha proposta na que o centro baiés volverá a conxugar os aspectos lúdicos e educativos e que incluirán música, teatro e obradoiros diversos.

As dúas primeiras xornadas estarán dirixidas ao propio alumnado, que terá ocasión de participar en actividades tan diversas como o manexo de drons e o debuxo de banda deseñada, ademais de aprender portugués, acudir a unha sesión de cineclub, regueifar ou elaborar un mural no exterior do centro. Alba María e Josinho da Tenreira (regueifas), Juan Mira (premios Fouciño), Juan Casto Rivadulla (ciencia), Xosé Tomás (ilustración), Dores Tembras (letras), Joseba Muruzábal (arte urbano), Antía Ameixeiras (cine juvenil) y Miguel Mourón (informática) serán algúns dos convidados que pasarán mañá e o martes polo centro para compartir as súas experiencias cos alumnos.

Portas abertas

Tras o descanso do mércores, Día das Letras Galegas, o xoves e o venres serán as xornadas de portas abertas coas que o centro quere facer partícipes da celebración ao resto da comunidade educativa. Para o xoves está prevista unha sesión musical na carballeira do centro (ou no auditorio baiés se chove) a cargo de García MC e Dj Mil (de 12.45 a 14.25), mentres que o venres será a quenda do humor co paso polo auditorio municipal de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei co espectáculo Falar sen cancelas (12.45).