Nova entrega da regueifa semana a cargo da coristanquesa Lupe Blanco
29 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Vou empezar a regueifa
sen dicir barbaridade
que esta semana foi boa
chea de festividade.
Foi o día 25
aínda que algún non o crea
é a festa dos galegos
día da Matria Galega.
Vamos ir coas noticias
que vai ser moito mellor
vexo que hai algún colexio
que lle falla o comedor.
Non fallan as empregadas
que elas si que traballan
nin tampouco os proveedores
só fallan os que pagan.
Van ter que soltar o carto
e ter as facturas ao día
que en cuestión de pouco tempo
xa lle ven outra enriba.
A que si lle veu enriba
e que armou moito follón
foi a eses de Cerceda
co do viño de cartón.
Cobraban o viño caro
así facían bo trato
rellenaban as botellas
co Coes do máis barato.
Unha cousa estache clara
iso seino abofé
cobrábanche unha botella
como comprar un palé.
Os que si que se cabrearon
iso si que ben o creo
foi coas carreiras de Razo
os da casa do Concello.
Puxeron bandas rugosas
colocaron estes días
agora xa non hai trampas
acabouse a tontería.
Vamos rir que é bonito
que alegría fainos falta
hoxe vai vir a Seivane
que nos vai tocar a gaita.
Eu xa dou a despedida
que o paso aquí moi ben
mándovos paló un saúdo
ata a semana que vén.