«La Golondrina»: Dafnis, teño que lembrar ese nome

José María De La Viña Varela

CARBALLO

BASILIO BELLO

FIOT | Crítica teatral | Programa de sala | «Todo o mundo esperaba todo de Carmen Maura [...], en cambio Dafnis brilla de seu, como un faro. Este chico vale!», di José María de la Viña

04 nov 2019 . Actualizado a las 22:32 h.

Ves? Hoxe tocaba pensar, e un chisco de ensinar, máis un pouco de entreter para facer un prato redondo. Claro que tiña un texto fantástico. Temazo. Creo, ademais, que está desenvolvido de modo exquisito. Pouco queda por engadir. Fagamos unha pequena parada nel; isto é o que me fai reflexionar: o mundo gai e o seu recoñecemento polo entorno; especialmente familiar. Desde unha beirarrúa contemplo un paso de peóns moi cheo de xente. Hora punta. Dime, que ves? Xente. Si, pero bos, malos?, homos , heterosexuais?, xudeus, arios?, estremeños, cataláns?... Son seres humanos. E non deixan de selo porque saibas o que son. O mesmo ocorre cos negros, coas mulleres, os xordos, os do Celta... Obama era negro; Merkel, muller; Einstein era xudeu; igual non sabiades que Messi ten o síndrome de Asperger (do espectro autista); Rai Charles era cego; non sei se coñecedes a Stephen Hawking, recentemente falecido, o súper científico da cadeira de rodas, o que máis sabía dos buratos negros... Hai máis. Vai tempo escribín neste foro un fragmento do Mercader de Venecia (Shakespeare), onde o xudeu Shylock protesta por unha certa discriminación por ser el xudeu: «Acaso non teño mans de cinco dedos? (como todo o mundo), se me pinchan non sangro?...». De iso ía a cousa.

Escenario dunha habitación con piano. Ó fondo, unha librería e unha gran ventá. A parella de profesora (Carmen Maura) e alumno (Dafnis Balduz), xa están alí. E comezan a falar. El vén a solicitar unhas clases de canto da profesora (logo resultará que non era esa a verdadeira intención), e ela dálle voltas de se llas vai dar ou non. Póñense a falar das súas vidas e circunstancias, e de resultas ela bótao varias veces da casa, e outras tantas volve a collelo.

Carmen; a famosa Carmen Maura. Gozamos coas obras dun bo artesán, e considero que Carmen Maura, é tal cousa. De modo que quedo asexándoa, moi pendente dela, en busca desta confirmación; en busca da súa naturalidade. A naturalidade que agardo de todo actor e actriz. E especialmente dos renomeados. Como unha pantera miro para ela, para descubrila, para confirma-lo meu pensamento. Non lle quito o ollo; mesmo cando non está a falar.

Moverse. Hai que saber moverse polo escenario; e eles cumpren.

Logo dun bo e xeneroso anaco de representación, decátome que non hai música. Non. Polo menos, unha música destacable (ó remate da obra, a música de afora, substitúe ó piano da profe). Non ten (non precisa?) tal apoio. E tamén doume de conta que a expresión de voz de Carmen non cambia, ó relatar polo miúdo, a morte do seu fillo. Outra vez? Onte dixen que non entendía a actuación de aquela muller, de aquela nai, na obra do monólogo (Chicas y chicos). E vólvese a repetir. O seu compañeiro de reparto ten máis inflexións de voz que a nai do falecido. Está administrando a Maura as súas emocións? Resérvase para outro momento? En cambio ou seu partner (descoñecido para min) encántame. Moi, pero que moi ben. Dafnis Balduz. Téñome que lembrar deste nome. Vai ser famoso. Que pasa? Estase lucindo el como actor. Como brilla este home! Carmen nun segundo plano. Apagada, tesa. Semella como se tivera medo a estoupar, a saírse de nai (nunca mellor dito). Hai un valor en teatro que se chama expresión corporal: todo o corpo actúa, interpreta: mans, brazos, xestos, corpo... non só coa boca se traballa. Non vexo iso en Carmen. En Dafnis si. Mesmo cando non está falando. Coido que Maura perdeu unha boa oportunidade meténdose na pel de nai e levando iso co corpo. Mágoa; todo o mundo espera todo dela. Se cadra non é o mesmo ser actriz de teatro que de cine. De cine, de seguro é. Témolo comprobado. En cambio Dafnis (a ver se non se me esquece este nome), brilla de seu, como un faro. Este chico vale!

Despois de botalo de casa ene veces, a peza remata cun «a onde cres que vas?», cando el fai aceno de marchar. Quedan cantado: A Golondrina. Volveron as augas ó remanso. Báixase (metaforicamente) o pano. Bonito final.

Fóra do que teño dito de Carmen Maura, que tampouco é que o fixera mal, esta peza gustoume bastante. E coido que ó respectable tamén. Emoción houbo. Artesanía, tamén.

Sexan vostedes felices.

BASILIO BELLO

La valoración de Santi Pazos: «A impronta Ronlalera estivo presente, pese a que non viñeron este ano»

«Esta semana vimos tres pratos fortes da programación do FIOT deste ano», comentó ayer el sociólogo Santi Pazos en su repaso semanal del festival en Radio Voz Bergantiños. Una programación que, según él, «está moi comprometida coa reivindicación feminista e coa diversidade sexual; é importante poñelo en valor».

Sobre La Golondrina, la pieza de Lazona, destacó el sociólogo la «forza, enerxía e convición» con la que Dafnis Balduz dio vida a su personaje, por encima de Carmen Maura. «Ela é unha actriz de cine e non ten esa expresividade que require o teatro», considera, «aínda así, recibiu un aplauso respectuoso do público».

Continuó Pazos por Todas hieren y una mata, de Ay Teatro: «A impronta Ronlalera estivo presente, pese a que este ano non viñeron ao festival». Valoró la capacidad del elenco para interpretar los versos de estilo clásico escritos por Álvaro Tato, y también la maestría del texto: «Moi ben escrita, divertida, pero ao mesmo tempo reivindicativa con respecto ao papel da muller. Desengrasou a carga emotiva, tráxica e dramática que viñamos tendo nas últimas obras».

Terminó por el estreno absoluto de Chicas y chicos, protagonizada por Antonia Paso, «unha actriz que penso que ten máis potencial que o que demostrou nesta peza», aseguró, «pois creo que contou con moi pouca paixón un feito terrible como é a aniquilación familiar. Faino moi contido, porque así llo pide a directora, pero penso que escatimaron unha bágoa ou un quebro na voz».

Celso, un atrezo para o recordo

Continúa aberta no Pazo da Cultura a Exposición 30 anos do Teatro do Morcego, unha actividade do FIOT que pretende ser unha homenaxe a Celso Parada, actor, director e cofundador da compañía. Parada tamén foi Xograr do Outono no 2005. O domingo, a súa mostra foi visitada por un grupo de compañeiros seus nas aulas de bacharelato no Seminario de Santiago.

FRAN RODRÍGUEZ

Más teatro leído en Radio Voz

El grupo A raíña, llegado desde el colegio de Sísamo (CRA Ponte da Pedra) interpretó la obra «O Convite» ante los micrófonos de Radio Voz Bergantiños.