Silvia Penide, cantante: «Son estrita na reciclaxe, desde o aceite ata as pilas»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANGEL MANSO

ECOVOZ 2021 | A artista fala destes tempos de pandemia e tamén dalgúns dos seus ámbitos ambientais

10 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Considérase unha afortunada porque continuou traballando ao longo de toda a pandemia. A cantante Silvia Penide acaba de regresar aos escenarios. Un concerto, no Teatro Colón, despois de máis dun ano sen tocar con banda, no que «estaba todo o aforo permitido cheo e a xente súper receptiva. Son moi precavidos e están máis que preparados. Creo que está demostradísimo que a cultura é segura», insiste.

-Nota algún cambio no contacto co público?

-Nos meus concertos sempre había ese pouso. Falo de cousas moi persoais e parece que a xente sempre che recoñece como unha amiga. Pero agora é moito máis, estamos cos sentimentos a flor de pel e é fermosísimo. Se antes xa era emoción pura, agora moito máis.

-A súa sensibilidade musical extrapólase tamén ao aspecto medioambiental?

-Intento que si. Na miña casa son estrita no reciclaxe, desde aceite ata as pilas. O que non teño claro é onde boto as cordas da guitarra, de nailon. Sempre hai dúbidas, pero procuro facer esa labor. É un xesto que me axuda a sentir que estou colaborando dalgunha maneira.

-Algún hábito novo?

-Estou agora co tema de roupa. Pero non só intento que teña outra vida senón miro moito os tipos de tecidos. Tamén estou reciclando os tapóns.