O Recuncho de Jorge Mira | Cruce de camiños na zona das Agreanas, en Baio
CARBALLO

NOVA SECCIÓN | Unha descuberta dos lugares máis especiais para xentes da Costa da Morte
04 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Vénse de descubrir que iso que chamamos alma non só radica no cerebro, senón que unha parte dela provén doutros órganos. Pero xuraría que ás veces as súas raíces van máis aló e saen mesmo do noso corpo para nutrirse de certos recunchos, cos cales a nosa mente entra en sintonía ao visitalos.
Todos temos ese lugar que nos fai aflorar unhas sensacións especiais, e nos próximos días iremos sabendo nesta sección os de algunhas persoas coñecidas. Para min un deses recunchos é o cruce de camiños de terra das Agreanas, a área de labranza máis extensa de Baio, na que apenas dúas imaxes sobresaen do chan: unha pequena concentración de pedras cun fantástico loureiro (oxalá poida medrar tranquilo moitos anos) e un pequeno grupo de árbores que fai de contrapunto á monotonía do circundante.
Sempre digo que a música que máis me gusta é o silencio, e a paz e calma que encontro no medio desa cruz faime saír da voráxine diaria e centrar a miña atención plena no aquí e agora. O meu recuncho mindfulness.