Inaugurada en Buño a sala «Non canto por cantar»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Dá cabida a unha mostra de patrimonio inmaterial local. A posta de longo fíxose cadrar coas Letras

18 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O antigo centro comarcal de Bergantiños de Buño, agora Centro de Artesanía e Tradición, acolleu onte a inauguración do novo espazo expositivo Non canto por cantar. Lembrou o alcalde, Eduardo Parga, a importancia de ter presente a historia. Así, tivo palabras na memoria do exrexedor Luis Cancela, que vén de falecer. En Non canto por cantar pode verse unha mostra que reúne imaxes gráficas e documentación, tamén traxes, que percorre a historia da música e baile tradicional galegos, pero particularmente a do municipio. Interveu tamén a edila de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Freijeiro, ao fronte da área organizadora desta iniciativa.

Fíxoselle entrega dun agasallo a Mar Bouzas, en recoñecemento polo seu compromiso e traballo para a mostra. Integrantes das entidades locais Raigañas, Malante e Carcaxía ofreceron pezas locais. «Todas as persoas que se acheguen ata esta sala poderán facer un percorrido pola historia da arte do Concello que se transmite de xeración en xeración e que se mantén viva no folclore», deu conta o consistorio. A asistencia ao acto, numerosa.