Abertas as inscricións para a Legua Irmandiña

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

A proba suporá o inicio das actividades do vixésimo quinto Asalto ao Castelo de Vimianzo

09 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A sexta edición da Legua Irmandiña, a «única carreira de Galicia cunha legua de distancia e con meta nunha fortaleza medieval», dará a benvida á vixésimo quinta edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Celebrarase o vindeiro sábado 25 de xullo e as diferentes categorías irán tomando a saída a partir das nove da tarde, para «aproveitar o momento do luscofusco e ter unha chegada máis fermosa aínda», sinalan dende a organización do festival, ao tempo que informan que as inscricións para esta proba deportiva xa están abertas.

Promove o club de atletismo Terra de Soneira, en colaboración con Cherinkas e o Concello, e tódalas idades teñen cubillo nesta proba, que na súa máxima categoría cubrirá unha distancia de cinco quilómetros e medio, aproximadamente.

A data límite de inscrición será o xoves 23 de xuño ás 23.59 horas. Deberá facerse a través da plataforma de Galitiming e o custo será de 5 euros para a categoría absoluta (gratuíta para o resto de participantes).