Alumna do Labarta Pose, venceu o concurso especial de Nadal presentado por Paco Lodeiro
09 ene 2023 . Actualizado a las 19:19 h.Producido por Voz Audiovisual e emitido pola Televisión de Galicia, o concurso Atrápame se podes, presentado por Paco Lodeiro, é xa unha cita fixa co entretemento nas pantallas. É o Nadal tempo para os máis pequenos, e así foi que nas últimas datas levaron a cabo unha edición especial de nenos: Atrápame se podes, Kids. Os últimos participantes da semana foron Amaro, de Rianxo; Mía, de Carballo; Pelayo, de Ribadeo; Brais, de Cambados, e Manuela, de Baio. A batalla final estivo entre estes dous últimos, pero a balanza inclinouse finalmente para Manuela Martínez Fariña, alumna do colexio Labarta Pose, cuxa Anpa xa lle trasladou vía redes os seus parabéns. Para Baio veu, logo, a videoconsola, despois de que Manuela respondese quen acompaña aos reis, como se chama o Rei Mago sen barba longa, a que película corresponde a expresión Hakuna Matata ou que océano separa Galicia de Nova York. Errou tan só a cuestión sobre o concello que se coñece como «a fin do mundo», pero iso non lle impediu subir arriba do podio logo de que Brais non atinase co órgano humano no que están os bronquios.