
Ecovoz 2023 | O outro equipo que participou no programa desta semana foi o CEIP O Coto de Negreira
27 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Unha semana máis, o programa Ecovoz contou cunha nova quenda do concurso Ecopreguntoiro. Así, o venres pasado, pasou a unha nova fase o equipo do CEIP Albeiros de Lugo. Os rapaces que axudaron a conseguir a vitoria ao centro educativo foron Noa Rodríguez, Claudia Mouriz, Elena González, Pablo Bargueira e Naya Abeledo. Patricia Lorenzo actuou como coordinadora. Os de Lugo foron quen de vencer aos seus rivais no concurso. Neste caso, foi ao grupo do CEIP O Coto de Negreira (foto inferior). Manuela García, Noa Pereira, Anxo Rial, David Souto, Zaira García e Álvaro García (coordinador) integraron o equipo que participou tamén nesta quenda. O concurso Ecopreguntoiro emítese todos os venres dentro do programa Ecovoz (17.00 horas). Na sección, na que se dan cita escolares de 16 colexios de Galicia, difúndense aspectos relacionados co coidado do noso territorio, a reciclaxe e a conciencia medioambiental.
