Gonzalo López Abente a través dunha ficha didáctica

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CEDIDAS POR LA RAG

Polo Correo do Vento xerou esta unidade para o proxecto O Camiño andado das Letras

08 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O mar! O meu mar! O mar que eu vexo, nestes días de inverno, gris, abalente, inquedo, forte e rexo, a cólera a roubar do fondo averno, e a bater na orelas, escumante de rabia e de furor, nun épico loitar! Este fragmento do poema O meu mar, pertencente á obra Nemancos (1929), foi un dos elixidos por Polo Correo do Vento para dar a coñecer ao muxián Gonzalo López Abente (1878-1963) a través dunha das fichas didácticas preparadas para o proxecto O Camiño andado das Letras.

Polo Correo do Vento é unha empresa pontevedresa que traballa na elaboración de contidos e na difusión e realización de actividades vinculadas á cultura galega. Da súa banda, O Camiño andado das Letras é unha iniciativa da Deputación pontevedresa mediante a que, dende o pasado 23 de febreiro, e ata o 17 de maio, se publicarán diariamente fichas didácticas para público infantil e adulto sobre a vida e obra de todas as personalidades homenaxeadas nas Letras. Considera a empresa que, no caso da de López Abente (Letras do 1971), ben pode ser de interese para Concello, centros e biblioteca, institucións ante as que lembran a súa disposición a realizar contacontos ou outro material sobre este escritor, poeta, dramaturgo, xornalista e activista cultural, poeta do mar sempre coa Costa da Morte presente na súa obra.