A cita será este sábado, no restaurante do hotel Punta del Este, e aínda se poden conseguir tiques
12 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Das 250 prazas que había dispoñibles, quedan apenas vinte entradas por vender para a cea solidaria contra o cancro que promove para este sábado a xunta local da AECC en Carballo. Será a primeira tralo covid, e os carballeses volveron facer alarde de solidariedade, explicou a presidenta da asociación, Ana Casais.
Nesta recta final, membros da asociación estarán cada tarde no seu local do Mercado Municipal para darlle saída a eses últimos tiques. Custan 50 euros e inclúen o menú, que se servirá no restaurante do hotel Punta del Este, e baile a cargo dun DJ.
O 4 de outubro, avanzan dende a entidade, haberá tamén andaina solidaria.