Futuros incertos

CARBALLO

El zasense Ismael Díaz dirige una granja de vacas en Romelle, Zas
El zasense Ismael Díaz dirige una granja de vacas en Romelle, Zas Ana García

29 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Moitos dos informes que se publican, sexan ambientais, económicos, migratorios, sanitarios, laborais, ou políticos e sociais en xeral, ofrecen perspectivas bastante negativas. O futuro parecerá á Divina Comedia de Dante, onde a pena leve será asarnos eternamente para facer churrasco connosco. Ben é certo que razóns para tanto pesimismo non faltan. Sen acudir a ningún sisudo think tank vemos como a calidade de vida da inmensa maioría da poboación mundial mingua entre suspiros.

África é un caos total e os intereses estratéxicos das grandes potencias en Asia non presaxian nada bo. E menos mal que en Europa, aínda cunha guerra fratricida, imos tirando. Tampouco é preciso ir tan lonxe para comprobar o malestar xeral. En España, soldos baixos, condicións laborais moi mellorables e, por riba, o custo dos produtos básicos están desorbitados. E non falemos do embrollo político. Algúns non acaban de aceptar que a xente vota con liberdade e que o noso sistema, mentres non se reforme, é de maiorías parlamentarias que obrigan a pactos que permitan a gobernabilidade. Sería óptimo que todos os votos pesasen o mesmo, pero a nosa Lei Electoral prima territorios en detrimento da poboación que os habita. Sen embargo, eu hoxe quería falar dun feito que me produce certo asombro. Nos medios de comunicación, tamén neste, non deixan de aparecer moz@s que enfrontan as dificultades cunha forza e optimismo sorprendentes. É o caso de David, este rapaz madrileño que cuestiona a desidia dos que máis posibilidades teñen para prepararse mentres el necesita de dous traballos para subsistir. Ou Ismael Díaz Mata, de Zas, que con 24 anos dirixe unha explotación gandeira de calidade. Futuros incertos? A saber...