A autora, Premio Nacional de Literatura Dramática, departeu co Club de Lectura de Adultos do instituto Maximino Romero
18 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O Club de Lectura de Adultos do instituto Maximino Romero de Lema de Baio viaxou no tempo da man de Paula Carballeira e da súa obra «As alumnas», Premio nacional de Literatura Dramática este 2023. Enriquecedor encontro no que se falou do difícil que, nunha época que non queda tan lonxe, o tiña unha muller para saír do camiño que se lle marcaba.
Tamén se falou de medo, desigualdade, liberdade... Un acto que, ademais, comezou cunha pequena recreación desas imaxes que se lle facían nos 60 ao alumnado, mais cun mapa de Galicia ao fondo e elementos que moito tiñan que ver con algunhas das letras de Paula.