![](https://img.lavdg.com/sc/69jbKi-13H3ajBWCXsoq-Rfrneo=/480x/2024/01/27/00121706363401370380263/Foto/CE29C3F2_144850.jpg)
Vintecinco anos dan para moito. Así foron os comezos do programa, en Radio Voz Bergantiños e co nome de «Xuntos na Escola»
29 ene 2024 . Actualizado a las 21:09 h.No ano no que Joaquín Sabina lanzou 19 Días y 500 Noches e David Fincher sorprendiu ao público con El Club de la Lucha, Radio Voz Bergantiños comezou unha verdadeira aposta pola educación ambiental. Era 1999 e, da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) —que nacera sete anos antes—, a emisora puxo en marcha un programa denominado primeiramente Xuntos na Escola. Unha iniciativa pouco común nese momento e que intentaría involucrar aos máis cativos para conciencialos da importancia de coidar a contorna natural, sabendo que serían os responsables futuros desa evolución cara unha sociedade máis sostible. Hoxe, 25 anos despois, pódese confirmar que o obxectivo foi cumprido.
Non fixeron falta máis de tres anos para que o programa que inicialmente se emitía a nivel comarcal, coa participación dos colexios da Costa da Morte, se expandise a toda Galicia. Foi no 2002 e as emisións pasáronse a facer dende o propio salón de actos de Sogama, por onde foron pasando colexios procedentes de tódolos puntos do territorio galego. Moitas foron as emocións e sobre todo, as ilusións postas polos alumnos e alumnas de sexto de primaria que quixeron alzarse co título, que este presente ano defende o CPR Manuela Rial Mouzo, de Cee.
![](https://img.lavdg.com/sc/f8kwvtnVerK0uPZQMFoqnGSnV5Y=/480x/2024/01/27/00121706363461323737792/Foto/CE29C3F2_144951.jpg)
No 2005, o programa pasou a denominarse Ecovoz, pero a iniciativa seguiu o seu camiño educativo e divulgativo, engadindo anécdotas e momentos moi especiais, máis tamén recoñecementos. No 2006, foi premiado pola Fundación Instituto para la sostenibilidad de los recursos de Madrid. Recibiu o oitavo premio da Fundación Humana, e María Meizoso foi recoñecida o ano pasado co premio Recicla. Non obstante, o fito máis especial foi quizais a participación, no 2007, na , facendo a final do concurso dende alí, sendo a primeira vez na Radio Española que alumnos tan novos participan nun programa destas características. E a iso hai que engadir tódalas actividades externas que completan este imprescindible labor de Ecovoz, como a limpeza con máis de 1.000 escolares na praia de Traba (Laxe), a plantación do Bosque da Costa da Morte ou a gran festa no Aquapark de Cerceda coa que se remata cada edición. Vinte e cinco anos dan para moito.