
Son as pezas «Morena», de De Ninghures, e «Ai de min», de Caamaño&Ameixeiras
29 feb 2024 . Actualizado a las 20:29 h.Dúas formacións da comarca, De Ninghures e Caamaño&Ameixeiras, son finalistas dos Premios ari[t]mar, galardóns que apuntalan os vínculos lingüísticos entre Galicia e Portugal, as dúas beiras do Miño. Está agora aberto un proceso de votación para elixir os tres mellores temas en galego —entre as candidaturas están Morena, por parte de De Ninghures, e Ai de min, de Caamaño&Ameixeiras— e tamén os tres mellores temas en portugués.
Pola banda galega son ademais finalistas 100 Voltas, Ataque Escampe, Davide Salvado / Permita Deus, Festicultores Troupé, Grande Amore, Mondra, Vaia onde vaia e The Rapants. Tempo, pois, para que quen o desexe poida votar polas pezas bergantiñás: cómpre entrar en aritmar.gal ou directamente neste enlace.