Labarta Pose, máis presente nos centros educativos da Costa da Morte e arredores

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Os institutos recibirán dous exemplares do libro «Antoloxía poética» sobre o autor

14 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O polifacético escritor zasense Enrique Labarta Pose está moi presente estes días (máis, se cabe) nos centros de ensino da localidade e de arredores. Jorge Mira, en calidade de portavoz da Comisión Labarta Pose, e Tania Carreira, técnica do Concello, estiveron co alumnado de terceiro a sexto de primaria do CEIP Labarta Pose a pasada semana para comentar os aspectos máis curiosos da súa vida e obra.

De outro lado, nas vindeiras xornadas, os institutos da Costa da Morte e proximidades recibirán dous exemplares do libro Antoloxía poética sobre o autor. A Administración local pretende coa doazón achegar a súa figura aos estudantes.