Votar

Natalia Lema Otero ECOS DA GANDARA

CARBALLO

Marta Perez | EFE

10 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Adiferenza doutros días de gardar na política, había pouca xente nos colexios electorais nesta última cita. Apenas un par de persoas facendo un transo lixeiro e con pouca conversa. Os galegos, e os españois en xeral, temos pouca cultura nacionalista e patriótica en torno á Unión Europea. Non importa, o caso é votar para diante a través da papeleta, a través dun logo que para nós identifica partidariamente un lado ou outro. Dereitas ou esquerdas. No parlamento europeo, decídense as políticas comunitarias, o rumbo común da Unión, axudas como a Política Agraria Común e un feixe de normas e preceptos que non dependen da soberanía do país, senón do conglomerado dos vinte e sete. Non obstante, estes días a xente anda perdida, sobre todo aqueles maiores que non recibiron na escola un curso intensivo de comicios europeos nin trapalladas varias. Aínda os novos non estamos moi postos. Escóitolles preguntar para quen serán estas eleccións. Outros responden nos coloquios que son para os estranxeiros, coma o se o fin fose elixir mandatario nun país foráneo sen saber, meus fillos, que nos inflúen bastante.

Os tempos na Unión Europea están máis convulsos ca nunca, repítense escenarios antesala do belicismo que había moitos decenios que non se repetían. Eu hoxe votei por iso, por non repetir a estela de erros pasados e debuxar con sorna os inicios da primeira Unión Europea: manter a paz polo ben común.

Votade polo que sexa pero facédeo, somos a xeración nova á que nunca lle renegaron ese dereito fundamental e liberdade pública. Outros non tiveron tanta sorte en tempos de autarquía e ditadura. Aquí en Vimianzo, en Madrid ou en Luxemburgo decídense moitos futuros e albores.